¿Qué é That’s English!?
That’s English! é un programa de educación a distancia para aprender inglés creado polo Ministerio de Educación, en colaboración coa BBC e TVE, que conta co apoio do BBVA.
That’s English! ofrece:
- O máis completo material didáctico de inglés.
- A facilidade de aprender inglés a través da televisión.
- A flexibilidade que che dá estudar inglés a distancia.
- O seguimento e asesoramento de profesores de inglés.
- A obtención do Certificado da Escuela Oficial de Idiomas.
That’s English! é actualmente o único curso oficial de inglés a distancia que che permite obter os certificados de Nivel Básico e Nivel Intermedio. Ademais, dáche acceso ao nivel Avanzado da Escola Oficial de Idiomas.
¿Que che ofrece That’s English!?
- O máis completo material didáctico de inglés: libros con unidades de traballo, cadernos de actividades de inglés, CD de audio, CD con actividades multimedia interactivas e DVD cos programas de televisión e exercicios de inglés con autoavaliación.
- A facilidade de aprender inglés a través da televisión. Cada mañá de luns a domingo na 2 de TVE encontrarás os programas de That’s English! visita a guía de programación para coñecer as emisións.
- A flexibilidade que che dá estudar inglés a distancia pero co seguimento e asesoramento de profesores de inglés en titorías presenciais, individuais ou en grupo, ás que poderás acudir cada semana ou concertar unha cita vía Internet.
- A obtención do Certificado Oficial da Escola de Idiomas ao superar a proba final de cada nivel.
- Superado o módulo 5 + proba de certificación, recibes o certificado do nivel Básico. A excepción de Andalucía, Cataluña e Navarra onde debe superarse o Módulo 6.
- Superado o módulo 9 + proba de certificación, recibes o certificado do nivel Intermedio.
Máis de 710 000 persoas xa se matricularon en That’s English!, ti, a que esperas? Inscríbete
| EE.OO.II | Correo electrónico | Teléfono |
|
|
|
|
| EOI AVILES | Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo | 985 52 25 29 |
| EOI GIJON | Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo | 985 39 14 44 |
| EOI OVIEDO | Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo | 985 27 70 67 |
Y si deseas más información, llámanos al teléfono: 902 30 41 30



