Escolas Oficiais de Idiomas

That’s English! impártese na maioría das comunidades autónomas, con excepción de Cataluña, Murcia e o País Vasco, a través das escolas oficiais de idiomas e dos centros públicos autorizados que teñen a consideración de centros de apoio titorial e están adscritos a unha escola oficial de idiomas.

Tipos de centros

En That’s English! existen dous tipos de centros:

Centros de apoio administrativo (CAA)

Son escolas oficiais de idiomas onde poderás inscribirte, recoller os materiais ou realizar calquera consulta relacionada co funcionamento do curso. Ademais, nestes centros impártense titorías.

Centros de apoio titorial (CAT)

Son centros nos que unicamente se imparten titorías. Sempre dependen dun centro administrativo.

Aínda que That's English! é un curso de inglés a distancia, contamos cos centros de apoio titoriais (CAT) para que poidas asistir ás titorías, un pouco máis preto da túa casa ou lugar de traballo. Lembra que para calquera trámite administrativo debes contactar co centro de apoio administrativo (CAA) ao que pertenza o teu centro titorial.

Localiza a túa escola

Marcador negro - EOI administrativas
EOI administrativas: en ellas podrás inscribirte, recoger los materiales o realizar cualquier consulta, y también podrías recibir tus tutorías.
Marcador rojo - EOI tutoriales
EOI tutoriales: en ellas sólo podrás recibir tus tutorías (cada EOI tutorial pertenece a una EOI administrativa).