Inscríbete en That's English!

Isto é o que necesitas saber para inscribirte en That’s English!

  • O período de inscrición en That’s English! está aberto os meses de setembro e outubro. Consulta as datas da túa comunidade autónoma.
  • Poderás facer a inscrición en liña ou de forma presencial na túa escola oficial de idiomas.
  • Se xa tes coñecementos de inglés, revisa as formas de admisión para acceder directamente ao nivel Intermedio.
  • Consulta os descontos no prezo para estudar inglés a distancia con That’s English!

Datas de inscrición

Andalucía

    CERRADA.

Aragón

    CERRADA.

Asturias

    CERRADA.

Baleares

    CERRADA.

Canarias

    CERRADA.

Cantabria

    CERRADA

Castilla - La Mancha

    CERRADA.

Castilla y León

    CERRADA.

Ceuta

    CERRADA.

Comunidad Valenciana

    CERRADA.

Extremadura

    CERRADA.

Galicia

    CERRADA.

La Rioja

    CERRADA.

Madrid

    CERRADA.

Melilla

    CERRADA.

Navarra

    CERRADA.

Cando inscribirte

En That's English! poñémoscho fácil para que a falta de tempo non sexa unha escusa para non aprender inglés a distancia.

Agora ti decides. Só che queda buscar a túa escola oficial de idiomas máis próxima e permanecer atento/a ás datas de matriculación que abrimos en setembro.

¡Que non se che pase o prazo! Déixanos os teus datos e recibirás un aviso.

Mentres agardas, síguenos en Facebook e Twitter e mantente informado/a.

Prezos, descontos e exencións

Cada un dos cursos de That’s English! custa 182 euros. Ao inscribirte tes:

  • Materiais de estudo completos do curso correspondente.
  • Acceso á plataforma en liña con actividades, seguimento da túa aprendizaxe e moitos máis recursos.
  • Titorías presenciais opcionais na túa escola oficial cada semana.

Nota: algúns centros de Aragón, Valencia, Navarra e A Rioxa aplican taxas adicionais. Consulta o sitio web da túa escola para confirmar o prezo final do curso.

Descontos e exencións no prezo

That’s English! quere ser accesible para todos, por iso conta con descontos para os seguintes casos.

  • 91 € Familia numerosa categoría xeral.
  • 0 € Alumnos con discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • 0 € Familia numerosa categoría especial.
  • 0 € Vítimas do terrorismo.
  • 91 € Personal funcionario, interino ou laboral da administración pública.
  • 91 € Unidade familiar: Desconto unicamente válido para o novo plan de TE! e non aplicable se un dos membros ten dereito a outro desconto ou exención.

Se es alumno/a repetidor/a, o prezo do curso será de 91 euros. Durante o curso utilizarás o mesmo material que xa tes, pero ademais recibirás o caderno de actividades dos módulos que repites.

Os descontos non son aplicables a alumnos repetidores nin acumulables entre si.

50%

de desconto para o persoal da administración pública

Bolsa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Consulta se cumpres os requisitos para ser beneficiario das bolsas de carácter xeral que convoca o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

Para coñecer máis detalles visita a web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Requisitos para ser alumno de That’s English!

Novos alumnos:

  • Ter 16 anos antes do 31 de decembro de 2017.
  • Ser maior de 14 anos e non ter cursado inglés en educación secundaria.

Se cumpres estes requisitos podes:

  • Inscribirte no curso Básico 1.
  • Realizar a proba VIA, un exame que se realiza na escola oficial e que che dará dereito a acceder a un curso superior ao Básico 1 incorporándote ao que che corresponda de acordo co resultado desta proba. Podes consultar as datas aquí.
  • Se cursaches o Bacharelato con inglés como primeiro idioma, podes elixir entre facer a proba VIA para certificar o teu nivel actual ou inscribirte directamente no curso Intermedio 1.
  • Se tes aprobado un curso determinado na modalidade presencial nunha escola oficial de idiomas, poderás acceder directamente ao seguinte que che corresponda na modalidade a distancia.
    Para acceder a Avanzado 1 na Comunidade Valenciana é necesario ter o certificado B1.

Inscríbete na túa escola oficial de idiomas

Podes achegarte á túa escola oficial de idiomas dentro do prazo de inscrición e realizar o trámite de forma presencial. Ten en conta que algunhas escolas só admiten inscrición en liña.

Paso 1

Acude á túa escola oficial de idiomas e solicita o impreso de matrícula.

Paso 2

Unha vez cuberto, entrégao nunha sucursal BBVA* e realiza o pago correspondente dentro dos seguintes 3 días laborables.

Paso 3

Volve á escola para entregar o impreso selado polo banco, acompañándoo da información correspondente que podes ver no reverso do impreso de matrícula.

Paso 4

O administrativo comprobará que está todo correcto e entregarache o teu material.

Paso 5

Unha vez formalizada a túa matrícula recibirás unha mensaxe electrónica coas claves de acceso á plataforma en liña.

* A entidade bancaria pode aplicar comisións polo pago de recibos non domiciliados no portelo.

Inscríbete en liña

A inscrición en liña realízase a través da nosa web. Moito máis fácil, rápido e sen colas.

A comunidade autónoma de Andalucía teñe un procedemento online propio. Ao iniciar a inscrición online no noso sitio web serás redirixido a eles.

Paso 1

Accede á páxina de inscrición.


Paso 2

Cubre o formulario de inscrición na nosa web. Elixe a forma de pago: tarxeta, paypal ou nunha sucursal BBVA. Excepto Aragón, que só admite o pago por tarxeta e PayPal.


2.1.- Se elixes pago por tarxeta ou PayPal:

  • Xa podes acceder á plataforma en liña.
  • Acude á túa escola oficial a recoller os materiais. Recorda entregar toda a documentación necesaria que podes ver no reverso do impreso de inscrición.

2.2.- Se elixes pago nunha sucursal BBVA:

  • Cubre e imprime o documento de inscrición na nosa web e lévao á túa sucursal bancaria para realizar o ingreso. Podes facelo no portelo * ou no caixeiro automático **, nun máximo de 3 días laborables.
  • Acude á túa escola oficial a recoller os materiais. Recorda entregar toda a documentación necesaria que figura no impreso de inscrición.
  • Unha vez formalizada a túa inscrición recibirás unha mensaxe electrónica coas claves de acceso á plataforma en liña.

A entidade bancaria pode aplicar comisións polo pago de recibos non domiciliados no portelo.

**  O pago en caixeiro automático non está suxeito a comisións.

Se queres saber máis sobre como funciona That’s English! sigue navegando: