Niveis: Estuda inglés ata o B2

En That’s English! podes conseguir a certificación oficial de inglés A2, B1 e B2 (MECRL) estudando a distancia. Comproba os cursos nos que inscribirte para conseguilo:

En todas as Comunidades excepto Andalucía e Navarra

Cursos That’s English! para conseguir un nivel A2
  • Curso A2.1 (módulos 1 e 2)
  • Curso A2.2 (módulos 3 e 4)
  • Certificación A2

Cursos That’s English! para conseguir un nivel B1 *
  • Curso B1.1 (módulos 5 e 6)
  • Curso B1.2 (módulos 7 e 8)
  • Certificación B1

Cursos That’s English! para conseguir un nivel B2 *
  • Curso B2.1 (módulos 9 e 10)
  • Curso B2.2 (módulos 11 e 12)
  • Certificación B2

AVISO ARAGÓN Y GALICIA: El nivel B1 se imparte en un solo curso académico.

En Andalucía e Navarra

Cursos That’s English! para conseguir un nivel A2
  • Curso A2.1 (módulos 1 e 2)
  • Curso A2.2 (módulos 3, 4 e 5)
  • Certificación A2

Cursos That’s English! para conseguir un nivel B1
  • Curso B1 (módulos 6, 7 e 8)
  • Certificación B1

Cursos That’s English! para conseguir un nivel B2 (só en Navarra)
  • Curso B2.1 (módulos 9 e 10)
  • Curso B2.2 (módulos 11 e 12)
  • Certificación B2

*Algunhas comunidades autónomas as probas de certificación están integradas no exame do último módulo de cada nivel (Módulo 4 para o nivel A2, Módulo 8 para o nivel B1 e Módulo 12 para o nivel B2).

AVISO IMPORTANTE: Andalucía non imparte o nivel B2 de That's English! Melilla non imparte o nivel B2.2 de That's English!

Exames e avaliacións

Aínda que That's English! é un curso de inglés a distancia, os exames realízanse de forma presencial na túa escola oficial de idiomas e axústanse a estándares de avaliación do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas.

Os criterios de avaliación e as probas defíneos cada comunidade autónoma. Para coñecelos terás que contactar coa túa escola oficial ou consultar ao/á teu/túa titor/a nas sesións presenciais.

En liñas xerais, os exames de That’s English! avalían catro destrezas:

Comprensión oral

Comprender o sentido xeral, a información esencial e puntos principais de textos orais acordes á dificultade do nivel avaliado.

Comprensión lectora

Comprender o sentido xeral, a información esencial e puntos principais de textos orais acordes á dificultade do nivel avaliado.

Expresión escrita

Escribir textos con estrutura, cohesión, ortografía e puntuación acordes ao nivel que se avalía.

Expresión e interacción oral

Producir textos orais breves, adecuados ao nivel que cursas, en comunicacións cara a cara.

Datas de exames e notas

Para coñecer as datas, horarios e lugar onde terán lugar as probas, consulta o taboleiro de avisos da nosa plataforma en liña, visita a web da túa escola para ver se están publicados ou contacta co persoal da túa escola oficial de idiomas.

Certificacións

As probas de certificación realízanse ao rematar os niveis A2, B1 e B2. Para consultar datas e condicións, contacta coa túa escola oficial de idiomas.

Nalgunhas comunidades autónomas, a superación do último módulo do nivel acredita directamente a obtención do certificado de nivel A2 de inglés. Consulta na túa escola para informarte.

Certificado oficial

Con That’s English! podes acceder á proba para obter a certificación oficial do nivel de inglés que cursaches.

1

Deberás aprobar o último módulo do nivel A2, B1 ou B2.

2

Realizarás a proba de certificación oficial na túa escola oficial de idiomas.

3

Se aprobas o exame recibirás o teu certificado oficial A2, B1 ou B2.

Nalgunhas comunidades autónomas as probas de certificación están integradas no exame do último módulo de cada nivel (Módulo 4 para o nivel A2, Módulo 8 para o nivel B1 e Módulo 12 para o nivel B2). Consulta na túa escola para informarte.

Comprueba tu nivel

Realiza de forma gratuita nuestra prueba VIA (Valoración Inicial del Alumno) para saber cuál es tu nivel de inglés.