El curso de inglés That's English!
That’s English! é o curso de inglés a distancia creado polo Ministerio de Educación, impartido polas escolas oficiais de idiomas. É oficial, axustado ao Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MECRL).
Ministerio de Educación
É autor do material didáctico e responsable máximo do programa. Vela polo cumprimento dos principios básicos deste curso oficial de inglés a distancia para que aprender inglés sexa accesible a todos/as.
Consellerías de educación das CC.AA.
Adaptan That’s English! aos plans de formación de idiomas da súa comunidade autónoma, supervisando a aplicación dos criterios educativos e de avaliación e superación dos diferentes niveis.
Escolas Oficiais de Idiomas
Encontrarás persoal administrativo de That’s English! en cada centro para asesorarte na inscrición e durante o curso. Ademais, coordinan a formación, e son responsables das probas de avaliación e titorías.
Materiais de estudo
Estes son os materiais que che entregarán na túa escola oficial de idiomas:
A2
B1
B2
C1
Plataforma en liña
En That’s English! contas cun contorno en liña onde aprender inglés a distancia. Se es alumno/a podes entrar coas túas claves, a través do Login que podes ver na parte superior desta páxina.
Además, en la plataforma online encontrarás un banco de recursos con todos los materiales nuevos y antiguos de That’s English, un diccionario sonoro con el que descubrir el significado y pronunciación de las palabras que necesites, y mucho más. ¡Entra y aprende inglés!

Claves de acceso
As claves de acceso á plataforma chegaranche ao teu correo electrónico cando formalices a túa matrícula. Se tes problemas para acceder:
- Realiza o proceso de recuperación do contrasinal que se atopa na pantalla de acceso.
- Escríbenos a través do formulario de contacto indicando ‘Soporte técnico’ e detallando o teu caso. Trataremos de axudarche a acceder o antes posible. Ten en conta que podemos tardar ata 48 horas en darche unha resposta.
Titorías de apoio
Sabemos que para aprender inglés é esencial a práctica oral, por iso contas con sesións semanais dentro do horario que che asigne a túa escola oficial. Desta forma, o/a titor/a tamén che axudará a facer un seguimento da túa aprendizaxe.
As sesións de titoría están orientadas principalmente a desenvolver as destrezas comunicativas, especialmente a expresión e interacción oral.
Ao tratarse dun curso a distancia, a titoría non é obrigatoria para superar o curso, pero recomendámosche que as aproveites porque resultan de gran utilidade para acadar os obxectivos do curso.
Para coñecer o teu grupo e horario, contacta coa túa escola oficial de idiomas.
That's English! está en TVE
That's English emítese de luns a venres en La 2. Consulta os horarios de emisión no seguinte enlace: Consultar horarios.
Podes ver os programas calquera día a calquera hora en RTVE A la carta. Fai click na imaxe de RTVE para acceder.