DATOS XERAIS.

SERVICIOS TECNOLÓGICOS SINGULARES, S.A. (SERVITECSA), é a entidade encargada da explotación comercial de That’s English!

Servitcesa conta co seu domicilio social en

Avenida Manoteras, 20 - 5ª planta,
28050 MADRID,
ESPAÑA
Teléfono: 91 537 78 35
Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

E está inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 3.977, folio 27, sección 8, folla 66553 e CIF A – 28653681.

DEREITOS E RESPONSABILIDADES..

Servitecsa reserva o dereito, en cada momento, a configurar esta páxina web e a elixir os seus contidos na forma que estime conveniente, así como a establecer áreas de acceso restrinxido.

O usuario é consciente e acepta voluntaria e expresamente que o uso desta páxina web se realiza en todo caso baixo a súa única e exclusiva responsabilidade.

Na utilización desta páxina web, o usuario comprométese a non levar a cabo ningunha conduta que puidese danar a imaxe, os intereses e os dereitos de Servitecsa ou de terceiros ou que puidese danar, inutilizar ou sobrecargar esta páxina web, ou que impedise, de calquera forma, a normal utilización desta páxina web e o acceso e uso aos seus contidos conforme lle indique Servitecsa.

Servitecsa adopta medidas de seguridade razoablemente adecuadas para detectar a existencia de virus. Non obstante, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade dos sistemas informáticos en Internet non son inexpugnables.

Servitecsa non responde da veracidade, integridade ou actualización das informacións que non sexan de elaboración propia e das que se indique outra fonte. Os contidos doutras páxinas web ás que poida acceder mediante ligazón ou vínculo desde thatsenglish.com rexeranse polos termos e condicións que determinen os titulares destas páxinas web.

A versión electrónica dos materiais postos a disposición nesta páxina web será a máis actualizada posible, polo que poden existir discrepancias menores ou de configuración coa versión impresa que, no seu caso, exista destes.

EN TODO CASO, RESPECTARANSE OS DEREITOS IMPERATIVOS AOS QUE OS CONSUMIDORES TEÑAN DEREITO EN CADA MOMENTO.

A totalidade desta páxina web, é dicir, os elementos que a compoñen (textos, imaxes, marcas, logotipos, arquivos de audio, arquivos de software, combinacións de cores, etc.), así como a estrutura, selección e orde dos seus contidos, encóntranse protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial, e non poden ser obxecto de explotación, reprodución, distribución, modificación, comunicación pública, cesión ou transformación ou calquera outra forma de difusión non autorizada expresamente..

O acceso a esta páxina web non lles outorga aos usuarios dereito, nin titularidade ningunha sobre os dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial dos contidos que alberga esta páxina web.

As comunicacións que envíe a este website ou a Servitecsa por correo electrónico, excluídos os datos de carácter persoal que as comunicacións poidan conter, non teñen carácter confidencial. Servitecsa terá unha licenza ilimitada, irrevogable, mundial, libre de gastos para utilizar, comunicar, reproducir, publicar, exhibir, distribuír e aproveitar estes envíos en calquera forma e para calquera propósito.

COOKIES.

Utilizamos cookies, isto é, un conxunto de datos que permite identificar ao usuario durante a sesión en directo, denominadas “de sesión”, o que significa que as cookies se memorizan e teñen validez unicamente durante o tempo que dure unha sesión activa, isto é, durante a súa visita á web. Estas cookies non gravan de forma permanente ningunha información no disco duro do seu ordenador e expiran ao final da sesión.

Na web en xeral, as cookies unicamente xuntan determinada información do usuario (isto é, tipo de navegador de Internet do usuario, sistema operativo do usuario e o enderezo IP desde o que se accede á nosa web) para facilitar a navegación pola nosa web.

Nos procesos de compras en liña na nosa web, as cookies unicamente xuntan información sobre o navegador do usuario e o identificador da sesión dese usuario durante a súa visita no web, para tramitar o proceso de compra (en particular, as conciliacións bancarias) e comprobar a corrección dos datos subministrados.

O usuario pode libremente decidir sobre a implantación ou non no seu disco duro das nosas cookies así como a súa eliminación, seguindo o procedemento establecido na sección de axuda do seu navegador. O usuario pode tamén configurar o seu navegador para aceptar ou rexeitar por defecto todas as cookies ou para recibir un aviso en pantalla da recepción de cada cookie e decidir nese momento a súa implantación ou non no seu disco duro..

O feito de que o usuario configure o seu navegador para rexeitar todas as cookies ou expresamente as nosas cookies, impedirá realizar compras en liña na nosa web, pero non impedirá a visualización das páxinas desta páxina web nin interferirá na navegación.

POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS.

Os datos persoais que o usuario facilite a través desta páxina web serán obxecto de tratamento e incorporados nun ficheiro do que é responsable Servitecsa.

Salvo que outra cousa se indique nos formularios desta páxina web onde se xunten os datos do usuario, a recollida e tratamento dos datos persoais ten como únicas finalidades xestionar as consultas que, no seu caso, o usuario realice a Servitecsa a través desta páxina web; a celebración, execución e control dos contratos que, no seu caso, o usuario efectúe a través desta páxina web; controlar a satisfacción por parte do usuario das condicións de uso desta páxina web; e satisfacer as nosas obrigas legais.

Os datos que se soliciten ao usuario nos formularios de recollida terán carácter obrigatorio salvo que se indique o contrario no formulario correspondente. No caso de que o usuario non facilite os datos solicitados con carácter obrigatorio, Servitecsa non poderá tramitar o formulario de que se trate.

O titular dos datos persoais deberá dirixirse por escrito (salvo que se indique outra cousa nos formularios desta páxina web onde se soliciten os datos do usuario) á Escola Oficial de Idiomas na que estea inscrito ou ao domicilio social de Servitecsa anteriormente indicado, para o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición relativo ao tratamento responsabilidade de Servitecsa, indicando no asunto “ARCO”.

Proba de Nivel

Prueba de nivel