Comproba o teu nivel de inglés

Benvido/a á versión en liña da proba VIA (valoración inicial do alumnado).

Realizando esta proba poderás determinar, de forma orientadora, o nivel ao que poderías acceder se decides matricularte no curso That’s English! Esta versión da proba VIA carece de valor oficial. Para máis información, acude á túa escola oficial de idiomas.

Podes realizar a proba dende o primeiro nivel ou seleccionar aquel que se axuste máis aos teus coñecementos. Non hai límite de tempo pero, polo teu propio interese, convén que traballes a bo ritmo e sen axudas externas nin dicionarios. ¡Ánimo e adiante!