Onde se imparte o nivel avanzado?

    Actualmente todas as comunidades autónomas que participan no programa, excepto Andalucía, imparten o nivel avanzado. Ten en conta que non todas as escolas imparten todos os niveis. Consulta na túa escola oficial de idiomas.

Que é e en que consiste a proba VIA?

A proba VIA (Valoración Inicial do Alumnado) é unha proba de nivel que permite avaliar os teus coñecementos e incorporarte ao nivel que che corresponda en base ao resultado acadado.

O contido da proba VIA depende de cada escola oficial de idiomas. Consulta as datas e os requisitos concretos na túa escola.

Información importante para alumnado que queira acceder a Intermedio 1: Se cursaches Bacharelato con inglés como primeira lingua estranxeira ou se tes o certificado A2, podes solicitar o acceso directo ao nivel Intermedio 1. No entanto, se hai tempo que non estudas inglés ou non te sentes seguro/a dos teus coñecementos, sempre podes optar por realizar a proba VIA.

AVISO: As inscricións con proba VIA teñen datas concretas de convocatoria. Consulta na escola oficial de idiomas onde te queiras matricular.

Que quere dicir “unidade familiar”?

O desconto por unidade familiar pódese solicitar cando algún membro da túa familia (pais e fillos, irmáns, cónxuxes e parellas de feito) está ou estivo inscrito no mesmo curso e mesmo plan de estudos (plan 2011) no que ti te queres matricular. Neste caso pagarás 91 euros, en lugar dos 182€ que custa normalmente o programa, e recibirás uns cadernos de actividades correspondentes a ese curso. O resto do material físico será o que utilizara o teu familiar. Este desconto non é compatible con outros descontos aplicados a calquera dos membros da unidade familiar. Só se aplicará un desconto por unidade familiar.

Como consigo o certificado oficial?

Unha vez que finalices o nivel básico, intermedio ou avanzado, poderás realizar unha proba de certificación na escola oficial de idiomas. Para obter este certificado oficial equivalente ao teu nivel A2, B1 ou B2 debes superar esta proba final.

Nalgunhas comunidades autónomas, a superación do último módulo do nivel acredita directamente a obtención do Certificado de nivel Básico (A2), Intermedio (B1) ou Avanzado (B2). Consulta na túa escola para informarte.

Como podo solicitar a devolución ou anulara a miña matrícula?

Devolución.

- O alumnado que desexe exercer o seu dereito de desistencia disporá dun prazo de 14 días naturais dende o día do pago da matrícula. Para exercer o seu dereito poderá:

  1. Acudir a la escuela y cumplimentar el modelo de desistimiento que le facilitarán. Además deberá entregar el material didáctico sin desprecintar.
  2. O enviar cumplimentado el formulario de desistimiento que puede descargarse PINCHANDO AQUÍ, a la siguiente dirección de email: devoluciones@thatsenglish.com. En este caso dispondrá de 14 días para entregar el material sin desprecintar en el CAA en el que esté matriculado.

Unha vez recibida a documentación por parte de Eductrade e comprobado coa escola a devolución do material sen desprecintar, realizarase a devolución do importe polo mesmo método que utilizou o/a alumno/a para o pago. En calquera caso e sen ningún custe, o/a alumno/a poderá solicitar a devolución por transferencia.

- Unha vez esgotado o prazo de desistencia, a devolución da matrícula só procederá por causas imputables a That’s English! Non se admitirá a solicitude de devolución por causas imputables ao alumnado.

- O procedemento para solicitar a devolución da matrícula será o seguinte:

  1. O/a alumno/a presentará no centro de apoio administrativo a petición de solicitude de devolución debidamente motivada e xustificada documentalmente xunto co orixinal do "Exemplar para o/a alumno/a" do impreso de inscrición.
  2. A petición de solicitude de devolución debe presentarse polo/a alumno/a antes do 15 de decembro de 2017.
  3. O centro de apoio administrativo deberá entregarlle ao/á alumno/a un xustificante onde quede constancia da reclamación realizada.
  4. Cando proceda a devolución, o alumnado recibirá o importe solicitado na petición de devolución, ben na tarxeta de crédito / débito do/a alumno/a (se realizou a inscrición na web de That’s English!) ou mediante transferencia bancaria ao número de conta bancaria facilitado polo/a alumno/a. En ambos os casos, o/a alumno/a deberá devolver previamente o material didáctico sen desprecintar.

Anulación.

- O alumnado inscrito no programa poderá solicitarlle á dirección do centro onde estea matriculado a anulación das convocatorias correspondentes ao curso matriculado, con anterioridade á primeira convocatoria de avaliación de cada curso. A aceptación desta solicitude non supón a devolución do importe dos materiais correspondentes ao curso e permite matricularse no curso seguinte (e só no curso seguinte) sen volver a efectuar o pago do material didáctico.

Como solicito un cambio de centro?

Por mobilidade xeográfica podes pedir o traslado de expediente a outra escola. Non hai un prazo límite para esta solicitude, pero a súa concesión dependerá da dispoñibilidade da escola de destino.

Solicita o traslado comunicándoo na escola en que estás inscrito/a.