O curso That's English!

That’s English! é o curso de inglés a distancia creado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, impartido polas escolas oficiais de idiomas. É oficial, axustado ao Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MECRL).

Colaboración institucional That's English!:

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

É autor do material didáctico e responsable máximo do programa. Vela polo cumprimento dos principios básicos deste curso oficial de inglés a distancia para que aprender inglés sexa accesible a todos/as.

Consellerías de educación das CC.AA.

Adaptan That’s English! aos plans de formación de idiomas da súa comunidade autónoma, supervisando a aplicación dos criterios educativos e de avaliación e superación dos diferentes niveis.

Escolas Oficiais de Idiomas

Encontrarás persoal administrativo de That’s English! en cada centro para asesorarte na inscrición e durante o curso. Ademais, coordinan a formación, e son responsables das probas de avaliación e titorías.

Materiais de estudo

Estes son os materiais que che entregarán na túa escola oficial de idiomas:

En todas as comunidades autónomas, excepto Andalucía e Navarra

Pack curso básico 1
Pack curso básico 2

  • 2 libros de texto
  • 2 CD de audio
  • 1 libro de gramática e vocabulario
  • 4 DVD cos programas

Pack curso intermedio 1
Pack curso intermedio 2

  • 2 libros de texto
  • 2 CD de audio
  • 4 DVD cos programas

Pack curso avanzado 1
Pack curso avanzado 2

  • 2 libros de texto
  • 2 CD de audio
  • 4 DVD cos programas

O alumnado repetidor destas comunidades autónomas recibirá un caderno de actividades.

Comunidades autónomas de Andalucía e Navarra

Pack curso básico 1
Módulos 1 e 2

  • 2 libros de texto
  • 2 CD de audio
  • 1 libro de gramática e vocabulario
  • 4 DVD cos programas

Pack curso básico 2
Módulos 3, 4 e 5

  • 3 libros de texto
  • 3 CD de audio
  • 1 libro de gramática e vocabulario
  • 6 DVD cos programas

Pack curso intermedio
Módulos 6, 7 e 8

  • 3 libros de texto
  • 3 CD de audio
  • 6 DVD cos programas

Pack curso avanzado 1
Pack curso avanzado 2

  • 2 libros de texto
  • 2 CD de audio
  • 4 DVD cos programas

O alumnado repetidor destas comunidades autónomas recibirá un caderno de actividades.

App de That's English!

Ahora That’s English! en tu mano. Descubre todo lo que puede ofrecerte nuestra app gratuita. No necesitas ser alumno para disfrutar de ella. Más de 3000 audios y vídeos para mantener y mejorar tu inglés.

Una app pensada para todos

Soy estudiante de That's English!

Con tu libro y tu app... ¡todo en tu mano!

No soy estudiante de That's English!

Mejora tu nivel de inglés con nuestra app.

¡Descárgala ya!

That's English en Google Play
That's English en App Store

Plataforma en liña

En That’s English! contas cun contorno en liña onde aprender inglés a distancia. Se es alumno/a podes entrar coas túas claves, a través do Login que podes ver na parte superior desta páxina.

Además, en la plataforma online encontrarás un banco de recursos con todos los materiales nuevos y antiguos de That’s English, un diccionario sonoro con el que descubrir el significado y pronunciación de las palabras que necesites, y mucho más. ¡Entra y aprende inglés!

Claves de acceso

As claves de acceso á plataforma chegaranche ao teu correo electrónico cando formalices a túa matrícula. Se tes problemas para acceder:

Paso 1

Realiza o proceso de recuperación do contrasinal que se atopa na pantalla de acceso.

Paso 2

Escríbenos a través do formulario de contacto indicando ‘Soporte técnico’ e detallando o teu caso. Trataremos de axudarche a acceder o antes posible. Ten en conta que podemos tardar ata 48 horas en darche unha resposta.

Titorías de apoio

Sabemos que para aprender inglés é esencial a práctica oral, por iso contas con sesións semanais dentro do horario que che asigne a túa escola oficial. Desta forma, o/a titor/a tamén che axudará a facer un seguimento da túa aprendizaxe.

As sesións de titoría están orientadas principalmente a desenvolver as destrezas comunicativas, especialmente a expresión e interacción oral.

Ao tratarse dun curso a distancia, a titoría non é obrigatoria para superar o curso, pero recomendámosche que as aproveites porque resultan de gran utilidade para acadar os obxectivos do curso.

Para coñecer o teu grupo e horario, contacta coa túa escola oficial de idiomas.

Thats English! está en TVE

That's English emítese de luns a venres en La 2. Consulta os horarios de emisión no seguinte enlace:   Consultar horarios

Podes ver os programas calquera día a calquera hora en RTVE A la carta. Fai click na imaxe de RTVE para acceder.